domingo, 22 de mayo de 2016

A vexetación de Xapón




A vexetación de Xapón é caracterizada por ser moi abundante e variada, tendo esta 4500 plantas propias do seu país, e tendo en total máis de 17000 especies de plantas. Isto ocorre pola diversidade do clima no arquipélago xaponés. 
Loto
Tamén teñen bastantes especies importantes como os lotos, as peoínas, as azaleas, as sakuras, o cristantemo…
En Hokkaidō a vexetación é subártica 3 similar á do sur de Siberia, a pícea, o alerce e o abeto meridional son as árbores máis comúns, aínda que hai exemplares de alisos, álamos e hayas
Bosque de Sagano
Case o 70% da superficie de Xapón está cuberta por bosques. A variedade de árbores predominantes é a conífera. Unha especie común é o sugi, ou cedro xaponés, que pode chegar a medir uns 46 metros de altura. Outros perennifolios notables son a pícea e moitas variedades de abetos.
Os xaponeses practican un tipo único de xardinería paisaxística, na que reproducen en miniatura os paisaxes naturais de forma estilizada. Tamén cultivan árbores pequenos chamados bonsáis, os cáles consisten en plantas ornamentais que ao ser sometidas a técnicas de cultivo especiais como o corte de raíces e poda de ramas, se impide o seu crecemento, logrando así que a súa altura sexa de uns 30 centímetros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario