domingo, 29 de mayo de 2016

Hina Matsuri



O Hina Matsuri é o Festival das Monecas, que se celebra cada 3 de marzo en Japón. Está dedicado especialmente ás nenas, polo que tamén se coñece como Festival das Nenas. Nel, as nenas expoñen varias monecas vestidas con kimonos tradicionais e quedan situadas en distintos niveis dunha plataforma, dende 5 ata 7 escalóns, cuberta con tela vermella. Estas monecas representan personaxes da corte imperial da Era Heian ordenados xerarquicamente e pasan de xeración a xeración dentro da familia. Se sole adornar tamén con flores de pexego xa que neste festival tamén se coñece como Momo no Sekku, e o melocotón é unha froita que se relaciona co sexo feminino.
A tradición xaponesa que provén de onde se pensaba que estas monecas podían esconder os malos espíritos nos seus corpos, salvando así ao seu dono dos encontros perigosos unha vez se librara delas. Desta maneira, a costume se fixo nunha cerimonia coñecida no Periodo Heian como hina nagashi, que nas monecas de papel eran enviadas en barco polo curso dun río, levándose consigo os malos espíritos. A costume se difundiu durante o Período Edo, pasando de xeración en xeración ata o que hoxe coñecemos como Hinamatsuri.
O festival conta coa súa propia canción tradicional, moi coñecida entre a poboación xaponesa. Un prato típico da festividade é o hinaarare, unha especie de boliñas de arroz de diversas cores e doces, que dise que protexen ás nenas das enfermidades e a mala sorte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario