domingo, 1 de mayo de 2016

A gastronomía en Xapón

Ramen



A gastronomía de Xapón como cociña nacional evolucionou, a través dos séculos, a causa de moitos cambios políticos e sociais, comezando pola Idade Antiga, na que a maioría da cocina estaba influenciada pola cultura china. Finalmente, a cociña cambiou coa chegada da Idade Media que marcou o comezo dun abandono da actitude proclive a os gustos e preferencias que se apartaban do común coa normativa do shogunato. Ao principio da Idade Moderna tiveron lugar grandes cambios que introduxeron en Xapón a cultura occidental.
Sushi
A cociña tradicional xaponesa está dominada polo arroz branco. O arroz branco soe usarse como acompañamento para todas as comidas para acompañar ao prato principal. Un almorzo xaponés tradicional, consiste nunha sopa de miso, arroz, e un vexetal que se haxa conservado en vinagre. A comida máis común se chama ichijū-sansai ("unha sopa, tres pratiños secundarios") con unha técnica de preparación diferente para cada un. Os tres pratiños secundarios son normalmente pescado cru, un pratiño á parrilla, e un pratiño cocido a fogo lento. Esta visión única xaponesa da comida refléxase na organización das receitas tradicionais xaponesas. Os capítulos están organizados según as técnicas culinarias: comidas fritas, comidas ao vapor, comidas á parrilla, por exemplo, e non conforme a ingredentes específicos como nas receitas occidentais. Tamén hai, usualmente, capítulos dedicados ás sopas, o sushi, o arroz, os tallarines, e los doces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario